A fondo!


Emisión de achegas para reforzar os fondos propios de Coop57 · Do 1 de outubro ao 15 de novembro

Lortutakoa
0
Obxectivo: entre 750.000€ e 1.500.000€
0
Achegas

Que son os fondos propios?

A solidez económica de calquera entidade mídese esencialmente polo importe dos seus fondos propios. Nunha cooperativa, os fondos propios representan a cantidade de recursos financeiros que as súas socias investiron directamente (achegas ao capital social) ou retido dentro da propia cooperativa (excedentes destinados a reservas).

Ao non estar relacionados con débeda ou financiamento externo, os fondos propios determinan a súa capacidade para facer fronte en todo momento aos riscos eventuais e aos compromisos vinculados á súa actividade. Garanten a súa solidez e a súa solvencia económica. No caso de Coop57, o risco da actividade financeira é fundamentalmente a morosidade ocasionada por entidades que non poidan devolver os préstamos que recibiron.

O Barómetro 2023 das Finanzas Éticas no Estado español, elaborado por FETS, situa a Coop57 encabezando o ránquing de compromiso cos principios èticos e solidarios –cun grao de cumprimento do 98,5%. O Banco de España lembra que a media de morosidade da banca convencional se situa nun 4,29%. No caso de Coop57 descende ata o 1,67%.

ranquings_cast.png 154.63 KB

Cales son os fondos propios de Coop57?

Fondo fundacional
É o fondo económico achegado pola loita das antigas traballadoras da editorial Bruguera que permitiu pór en marcha Coop57.

Achegas obrigatorias ao capital social
Cantidade mínima de capital que cada persoa ou entidade debe achegar para incorporarse como socia de Coop57. A súa devolución está condicionada á aprobación por parte do Consello Reitor.

Fondo Solidario de Préstamos
Fondo que se nutre das achegas ao capital social efectuadas polas entidades socias que reciben un préstamo de Coop57.

Resultado do exercicio e reservas
Os resultados positivos de cada exercicio económico reinvístense integramente en Coop57, reforzando así a solvencia da cooperativa.

A partir deste ano, sumaranse as achegas voluntarias aos fondos propios que se subscriban nesta emisión.

[Na táboa comparativa, explicamos os distintos tipos de achegas]

Captura de pantalla 2024-10-01 a les 13.34.16.png 473.23 KB

Por que Coop57 realiza esta emisión?

Nos últimos 4 anos, duplicouse o saldo vivo de préstamos en curso (o importe pendente de retornar dos préstamos concedidos). Pola súa banda, a evolución dos fondos propios nestes mesmos anos tivo un ritmo de crecemento inferior, ao redor do 30%.

Cando se pon en relación estas dúas variables (fondos propios e saldo vivo de préstamos), obtemos unha porcentaxe que mide a solvencia e a capacidade de dar resposta a posibles imprevistos e/ou a falta de pagamentos.

É desexable, pois, manter unha boa proporción entre estas cifras. Debido á evolución dos últimos anos, é conveniente reforzar e incrementar o fondos propios para mellorar este cociente e, así, dar continuidade á actividade financeira dunha maneira sólida e fortalecer a capacidade de conceder máis préstamos a proxectos transformadores de economía social e solidaria.

Para poder pór en contexto e ter unha referencia externa: o marco regulatorio financeiro internacional establece que este tipo de cociente debe ser, polo menos, do 8%. Coa presente emisión preténdese acadar unha porcentaxe superior, o que, no caso de conseguir o importe máximo da emisión, situaría a Coop57 un 50% por encima das esixencias mínimas da normativa financeira internacional.

En consecuencia, o impacto que terá nos fondos propios o éxito desta emisión será significativo para que Coop57 siga dando resposta ás necesidades financeiras da economía social e solidaria.

Quadre_GAL.png 53.23 KB

Períodos de devolución

Poderase solicitar ao Consello Reitor o reembolso destas achegas voluntarias ao capital social, total ou parcialmente e sempre en múltiplos de 1.000€, nos seguintes prazos:

[Solicitudes previas ao 31 de maio de 2026]
•  Períodos:
ata os días 10 dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano.
•  Reembolso: farase efectivo nos 60 días posteriores ao peche de cada período, sempre que o Consello Reitor o autorice.
 Non se percibirá a remuneración devindicada.  

 [Solicitudes posteriores ao 31 de maio de 2026]
•  Períodos: ata os días 10 dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano.
•  Reembolso: farase efectivo nos 60 días posteriores ao peche de cada período, sempre que o Consello Reitor o autorice
 Percibirase a remuneración devindicada ata a data da devolución.

Condicións da devolución

Acorde ás Normas Internacionais de Contabilidade e á Lei de Cooperativas, a devolución das achegas voluntarias para reforzar os fondos propios está condicionada á aprobación por parte do Consello Reitor, órgano que se reserva a posibilidade de rexeitar, incondicionalmente, a devolución das mesmas.

Garantías ás achegas

Coop57 desenvolve unha actividade financeira entre as súas socias como cooperativa de servizos. Non é un banco e, en consecuencia, non dispón da cobertura do Fondo de Garantía de Depósitos do Banco de España.

Coop57 articula distintos mecanismos para garantir as achegas das persoas socias:
Destina os seus excedentes exclusivamente a reservas.
Esixe ás entidades que reciben financiamento que fagan achegas adicionais ao capital social para nutrir un fondo solidario para garantir os préstamos.
Anualmente, dota o máximo posible as provisións para posible falta de pagamentos.
Acouta o límite máximo de préstamo que pode recibir unha entidade socia, de maneira que así distribúe o risco (como máximo, unha entidade non pode recibir en préstamos máis do 2% dos recursos de que dispón Coop57).
Mantén acordos con distintas entidades para compartir riscos e garantir os préstamos concedidos (Fondo Europeo de Investimentos, Sociedades de Garantía Recíproca, Administracións Públicas, Fundacións e outras entidades da Economía Social e Solidaria).

Coop57 é unha cooperativa que se xestiona de forma democrática e participativa e que articula mecanismos para que os socios e socias poidan coñecer adecuadamente e en todo momento a súa situación económica e poidan participar colectivamente na toma de decisións.

Subscrición, desembolso, acreditación, retribución e devolución

COMO PODO SUBSCRIBIR ACHEGAS? Enchendo el formulario web. Ou contactando connosco a través do correo electrónico socis@coop57.coop ou chamando ao 93 268 29 49.

COMO SE EFECTÚA O DESEMBOLSO DA ACHEGA? O desembolso da achega pode efectuarse mediante 3 opcións: por domiciliación bancaria, por transferencia bancaria o por un traspaso desde as achegas voluntarias esixibles ao capital social de Coop57.

COMO SE ACREDITARÁN AS ACHEGAS?
Mediante un certificado que estará dispoñible na Oficina Virtual a partir do 20 de xaneiro do 2025. Mentres este certificado non estea dispoñible, todas as persoas que efectuasen achegas disporán dun comprobante da solicitude que incluirá o detalle das condicións da achega.

COMO SE EFECTUARÁ O PAGO DA REMUNERACIÓN?
A remuneración (unha vez descontada a retención fiscal) sumarase ao valor das achegas voluntarias ao capital social. Con todo, as persoas que o desexen poderán solicitar que o importe da remuneración se lle ingrese na conta corrente que indiquen.

COMO HAI DE SOLICITAR A DEVOLUCIÓN DAS ACHEGAS?
Enviando un correo electrónico a socis@coop57.coop . Unha vez recibido, facilitarase á persoa que o remitise un formulario de devolución. Tamén, a través da Oficina Virtual de Coop57, no apartado de “Peticións”.

Fiscalidade e transparencia

A remuneración das presentes achegas son consideradas como rendemento do capital mobiliario e están suxeitas a retención fiscal (19% na actualidade). Como é habitual, en cumprimento estrito e transparente da normativa fiscal, Coop57 retén esa obrigación, abónaa á autoridade fiscal e emite o pertinente certificado, que queda incorporado aos borradores das declaracions tributarias.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

Emisión completada!