A fondo!
Emisión de achegas para reforzar os fondos propios de Coop57 · Do 1 de outubro ao 15 de novembro

Condicións das achegas voluntarias ao capital social para reforzar os fondos propios de Coop57
Finalidade | A finalidade desta admisión de achegas voluntarias ao capital social é fortalecer os fondos propios de Coop57, co obxectivo de reforzar a súa solvencia e a súa capacidade de conceder máis préstamos a proxectos transformadores de economía social e solidaria.
Importe por socia | As achegas son de 1.000 € cada unha. Os importes máximos de achega para cada tipoloxía de socia son os seguintes:
– Socias de servizos: 30.000€
– Socias colaboradoras: 15.000 €
– Socias de traballo: 15.000 €
Período subscrición | Do 1 de outubro de 2024 ao 15 de novembro de 2024. Adxudicación das achegas por orde de chegada.
Remuneración
[Ata o 31 de maio de 2026]
– 2% nominal anual.
– 1r pago: o 31 de maio de 2026 abonarase a remuneración devindicada desde a data de finalización da emisión (15 de novembro de 2024).
[A partir do 31 de maio de 2026]
– Remuneración das achegas voluntarias esixibles + 1,5%.
- [A remuneración das achegas voluntarias esixibles establécea cada ano a asemblea xeral de Coop57]
– Pago: 31 de maio de cada ano.
A remuneración (unha vez descontada a retención fiscal) sumarase ao valor das achegas voluntarias ao capital social. Con todo, as persoas que o desexen, poderán solicitar que o importe da remuneración se lles ingrese na conta corrente que indiquen.
Devolución | Acorde ás Normas Internacionais de Contabilidade e á Lei de Cooperativas, a devolución das achegas voluntarias para reforzar os fondos propios está condicionada á aprobación por parte do Consello Reitor, órgano que se reserva a posibilidade de rexeitar, incondicionalmente, a devolución das mesmas.
Prazo de devolución | Poderase solicitar ao Consello Reitor o reembolso destas achegas voluntarias ao capital social, total ou parcial e sempre en múltiplos de 1.000€ , nos seguintes prazos:
[Solicitudes previas ao 31 de maio de 2026]
– Períodos: ata os días 10 dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano.
– Reembolso: farase efectivo nos 60 días posteriores ao peche de cada período, sempre que o Consello Reitor o autorice.
– Non se percibirá a remuneración devindicada.
[Solicitudes posteriores ao 31 de maio de 2026]
– Períodos: ata os días 10 dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano.
– Reembolso: farase efectivo nos 60 días posteriores ao peche de cada período, sempre que o Consello Reitor o autorice
– Percibirase a remuneración devindicada ata a data da devolución.
Garantías das achegas ao capital social para reforzar os fondos propios
- • Coop57 desenvolve unha actividade financeira entre os seus socios e socias como cooperativa de servizos. Non é un banco e, en consecuencia, non dispón da cobertura do Banco de España.
- • As achegas ao capital social responden da boa marcha da cooperativa.
- • Esta tipoloxía de achegas voluntarias diferénciase do resto de achegas voluntarias ao capital, xa que teñen condicionada a súa devolución á previa aprobación por parte do Consello Reitor.
Coop57 articula distintos mecanismos para garantir as achegas das persoas socias. Nesta liña, para fortalecer a súa solvencia, Coop57 adopta varias medidas:
- • Destina os seus excedentes exclusivamente a reservas.
- • Esixe ás entidades que reciben financiamento que fagan achegas adicionais ao capital social para nutrir un fondo solidario para garantir os préstamos.
- • Dota o máximo posible para provisións para posible falta de pagamentos.
- • Acouta o límite máximo de préstamo que pode recibir unha entidade socia, de maneira que así distribúe o risco (como máximo, unha entidade non pode recibir en préstamos máis do 2% dos recursos de que dispón Coop57).
- • Mantén acordos con distintas entidades para compartir riscos e garantir os préstamos concedidos (Fondo Europeo de Investimentos, Sociedades de Garantía Recíproca, Administracións Públicas, Fundacións e outras entidades da Economía Social e Solidaria).
Coop57 é unha cooperativa que se xestiona de forma democrática e participativa e que articula mecanismos para que os socios e socias poidan coñecer adecuadamente e en todo momento a súa situación económica e poidan participar colectivamente na toma de decisións.
Para subscribir as achegas é necesario ler e manifestar a aceptación das presentes condicións da emisión de achegas ao capital social para reforzar os fondos propios de Coop57. Podedes descargalas aquí.
Emisión completada!