A fondo!
Emisión de achegas para reforzar os fondos propios de Coop57 · Do 1 de outubro ao 15 de novembro

Emisión completada nun só dia! Moitas grazas!
[A forza da forza colectiva]
O martes puñamos en marcha unha campaña dirixida a todas vós co obxectivo de ampliar os fondos propios, fortalecer aínda máis Coop57 e proxectar moito máis lonxe a economía social e solidaria. Como hai confianza, queremos ser sinceras. Estivemos meses preparando esta campaña. Tentando coidar todos os detalles, revisar cada unha das frases dos documentos e contratos, pensar e repensar como poder facer comprensibles conceptos económicos e financeiros a miúdo complexos.
Queriamos, ambiciosamente, conseguir 1.500.000 euros en achegas aos fondos propios de Coop57. Un compromiso co corazón de Coop57, achegas estables que permitan seguir co desenvolvemento dun proxecto ao servizo da transformación social e económica da nosa contorna. Tiñámolo todo a punto para soster unha campaña dun mes e medio. Corenta e cinco días para seguir pedíndovos a vosa confianza co proxecto. Pois de todo isto, nada de nada. EMISIÓN COMPLETADA EN 24 HORAS! Incrible. Durante o día de onte viamos con emoción como, unha tras doutra, ían entrando novas solicitudes de socias de Coop57.
E só podemos darvos as grazas e dicirvos, con todo, que isto aínda non rematou. Aumentar os fondos propios mediante esta emisión permítenos asentar as bases do crecemento futuro. E o crecemento futuro só o poderemos facer co voso compromiso e se seguides confiando en Coop57. Por tanto, animámosvos, sen complexos, a que sigades aforrando en Coop57 e nos axudedes a facer medrar a economía social e solidaria. Que continuedes dotando de valor social ao voso diñeiro, exercendo a soberanía económica e decidindo sobre o destino dos vosos aforros.
Desbordadas. Contentas. Ilusionadas. Orgullosas.
Convosco, a fondo ata onde faga falla!
-------------------------------------------
Emisión de achegas ao capital social
Desde Coop57 iniciamos unha emisión de achegas voluntarias. Coa ampliación dos fondos propios incrementamos a capacidade financeira para continuar apoiando á economía social e solidaria. O obxectivo é conseguir entre 750.000 € e 1.500.000 € a través de achegas de 1.000 €.
Condicións xenerais da emissión:
Importe total: entre 750.000€ e 1.500.000€.
Achegas: de 1.000 € cada unha.
Participación: a emisión está destinada ás socias e socios de Coop57. Poderanse adquirir ata un máximo de:
– 15.000 € as socias colaboradoras
– 30.000 € as socias de servizos
Remuneración: dun 2% anual.
Prazos da subscrición: do 1 de outubro ao 15 de novembro de 2024.
Asignación: las achegas outorgaranse por estrita orde de petición ata completar a emisión.
Devolución: cada 4 meses poderase solicitar o reembolso do capital subscrito, que deberá ser autorizado polo Consello Reitor.
Podes ampliar todos os detalles neste dossier informativo.
Emisión completada!